paparruchas e outras cousas
adota a túa mascota virtual

27 diciembre 2005

FÚTBOL


Hoxe pretendo barrer coa audiencia e pasalo ben. Teño un tema de actualidade, teño inspiración e teño polémica. Vivaaa.
Porque a estas alturas case todos sabemos ou oimos algo sobre a selección galega e o super partidazo q nos espera esta semana contra Uruguai ou algo así. E non é cousa só de Galicia pois tódalas comunidades están nas súas fazañas mentres os grandes descansan. De feito onte entereime q Navarra xogaba contra China e que un dos seus xogadores tanto xogaba con Navarra coma co País Vasco. Cada un q o interprete como queira ou poida.
O que eu quero dicir é q tendo en conta q a creación de símbolos, nos que toda nación ou comunidade histórica se apousenta, comezou un día hai centos de anos e hoxe semella q a tendencia é a deconstrucción ou crítica e non a implantación. A ver se me explico, sobre todo, sen ofender a ninguén, q me meto en cada lea... Na actualidade todos sabemos que se pretende abolir certos costumes e crenzas moi implantadas tales como o machismo, o racismo, o euro-ego-centrismo, etc. E se por exemplo falamos de machismo, é sabido que esa diferencialización ten de eliminarse e pasar a igualdade entre os membros. Nalgúns caso esa igualdade pretende que a persoa mesture sinais dos dous sexos ou q careza de calqera signo de identificación molesto. Nesa deconstrucción do ser á nada, exemplíficase a tendencia actual a deconstruír moitos hábitos implantados, como a monarquía ou o Nadal, etc.
Pero nalgúns lugares inda non houbo unha implatación, de feito, aínda se están definindo e personalizando, adquirindo os símbolos q outros xa teñen reqetecoñecidos e así ocorre, por exemplo, na nosa periférica Galiza onde aínda cremos necesaria unha selección de fútbol propia, cando todo o mundo sabe que ese negocio xa non é, como moitísimos outros, un elemento patrio senón un producto máis da globalización, pero claro, para tirar algo, primeiro hai que telo. E temos dereito a ter, sen dúbida, o q pasa é q algúns destes símbolos xa están decrépitos e na miña humilde opinión, non nos levan a ningures. Iso non quita q non respecte e tolere que haxa xente entusiasmada e pendente de tal encontro, e se con iso se fai país, pois adiante.
Eu seguirei deconstruíndo, e vendo q non se me dá mal, terei q montar unha empresa de deconstrucción para cando estoure a burbulla inmobiliaria ;D

3 Comments:

  • Good design!
    [url=http://mcltbqav.com/wxav/myhx.html]My homepage[/url] | [url=http://knlocuzr.com/eyvf/gprz.html]Cool site[/url]

    By Anonymous Anónimo, at 16:50  

  • Great work!
    My homepage | Please visit

    By Anonymous Anónimo, at 16:50  

  • Great work!
    http://mcltbqav.com/wxav/myhx.html | http://gwjxfnzg.com/rzaf/dsup.html

    By Anonymous Anónimo, at 16:50  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home