TABACO
Menos mal que a xente está de vacacións.
No interesante debate que dirixe Piqueras no seu Enfoque, digno de ver só por ver q se pode debater sen berrar en exceso e sen insultar, falouse esta semana da lei do tabaco, como en case tódolos sitios.
Unha de cal. A min quedoume unha idea na cabeza que quería deixar caer por aquí. Esa terrible indignación da posible discriminación laboral dos fumadores. A preocupación en si polo tema paréceme algo a ter en conta, pero que se faga demagoxia con ela, que é o máis habitual, pois non semella nada bo. Acaso non sufrimos todos, nalgún momento da nosa vida, algún tipo de discriminación? Por ideoloxía, polo sexo, pola idade, polos estudos cursados segundo qué sitio, polas aparencias, pola familia, etc.
Non me gustaría xeneralizar, pero aquel fumador compulsivo que pode chegar a perder un tercio da súa xornada por fumar, xa antes da lei o mirabamos con mala cara os non fumadores, porque ó final cobramos igual. Así que me parece moi ben que non poidan fumar no centro do traballo. O que non comprendo, é por qué teñen que saír fóra. Se nos poñemos demagóxicos, acaso os non fumadores poderiamos sumar ese tempo, ou aínda que sexa por cachos, e dedicalo a saír fóra, por exemplo a rañala, con perdón?
Unha de area. Tamén teño a sensación de que non hai coherencia nesta situación de prohibición con respecto aos obxectivos perseguidos. Se fumar é malo, e o máis importante, se lle sae moi caro á seguridade social, por qué non aumentar o prezo do tabaco e poñelo no mesmo nivel q no resto de Europa? Ademais, aqueles locais de menos de 100 metros que decidan facerse fumadores, pregúntome se iso implicará montar un sistema de extracción como é debido. Pois, ao final poderán entrar incluso menores se van acompañados do seu pai. Ou o que moita xente se cuestiona, por qué non lle entran ás multinacionais? Non hai coraxe, nin cartos, nin leis que poidan con elas.
Con todo isto, pros e contras, mellorías posibles e palabras (leis) que non se saben qué alcance terán, o mellor é estar preparado para todo.
Outra cousa, cál será a próxima cortina de fume? ;)

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home