paparruchas e outras cousas
adota a túa mascota virtual

11 enero 2006

INCIDENCIAS

Primeiro. Feliz ano a todos, cómo pasa o tempo, polo tanto teño bastante atraso de cousas sen contar.

Segundo. Incidencias, si, porque teño un peso na miña conciencia. Atropelei a un bufiño ou cousa semellante. Enténdase curuxa, moucho ou así pero en pequerrecho. E agora qué fago? Por qué é tan horroroso? En fin non puiden evitalo, quén me dera.

Terceiro. Cambios, tamén. Por un lado, cando me recomendaron o libro titulado Quién se ha llevado mi queso, pensei que non ía sacar moito proveito del. Pero logo, sen faltar a aquela especie de sentenza de que ningún libro é tan malo como para non sacar algo del, resultou que o queixo simbolizaba o cambio e como tal existe e ademais está en moitas partes. O libro, ademais de divertido resultou didáctico, aínda que tamén ten moita palla. Por outro lado, neste lapso de festas ulín queixo por máis sitios dos esperados. Quero dicir que vin un movemento continuo ó meu redor, moi dinámico e incluso desenfrenado. Coidado co cambio. Xa está aquí, xa se fala, xa se comenta, xa se palpa. Noutros casos, á parte do medo xeral ao cambio, do cambio esperado e preciso para o noso panorama galego, está a esixencia do cambio. Isto si que me parece novidoso, chamativo e se cadra algo maquiavélico en determinadas ocasións.

Cuarto. Meaño avanza. Ou tamén poderiamos dicir, Meaño mellora. O caso é que a capela do Santo Amaro, que ten a súa festa o 15 deste mes de xaneiro, que anque non é o patrón e só ten unha pequena capela, ten bastante devoción, sobre todo na nosa familia. A novedade é que este ano temos algo máis do que gozar, pois estrenamos adro empedrado e remozado do muro de pedra que circunda á Capela. Qué contentos estamos!! Qué bonito. Así que unha verbena, unha procesión, misas, poxas e demais algarabías (non se esqueza a repartición de callos á noite) terán que desafiar o frío que normalmente loce este mes. De feito, os callos axudan, e ben seguro, que tamén haberá caldos para acompañar. E sempre queda o recurso de bailar ou brincar enriba do novo empedrado.

Quinto. Xa me despido, ata que teña outra revelación. Seguireivos informando. Deica logo. (Aínda me falta presentar os própositos novos deste ano novo)

5 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

<< Home