paparruchas e outras cousas
adota a túa mascota virtual

25 enero 2006

O castigo de Canelo

O pobre do meu can está castigado. E a verdade é que xa me está doendo ata a min o castigo. Sempre que me enfado polas súas saídas nocturnas improcedentes e ferintes acabo cedendo. Pero esta vez foi diferente, e a verdade é que me está custando.

O caso é que se cortou nunha pezuña e que sacou unha tallada de carne importante, polo que chegou a xunta min chorreando sangue e dorido. Despois das pertinentes curas, e de que se fixese adicto ó betadine lambendo nel coma un descosido, decidín deixalo ao seu aire. O que máis me molestou é que non tardou nin horas en volver ás andadas e que aínda eu chamando por el non me fixo nin caso, polo que cando volveu estaba eu xa disposta coa cadea na man. E como as desgracias nunca veñen separadas, decidín que era o momento ideal para facerlle a dieta, ante as acusacións de gordura que facía a súa veterinaria e ante a constatación do seu brío turrando pola cadea. É dicir que se come menos supoño terá menos forzas, que está que parece un cabalo.

A solución para rematar co seu cautiverio témola xa ideada, pero aínda non dispoñible. O caso é que o seu cerrado enorme, no que podería vagar ceibo pero limitado, está ocupado por outro can, que por riba non é noso. Estamos agardando que o seu amo o recolla despois das súa vacacións de... seis meses, que esa foi a escusa coa q nolo deixou aí esquecido. O sábado pasado seica xa era o día e eu mirei para Canelo contenta, por fin te vou librar, meu carucho, e aí non vas poder escapar e facer das túas. Pero non, aínda segue a situación coma antes, polo que Canelo xa me mira cunha cara que me rompe o corazón. Xa pasou por tódolos estados, o doente, o pelotillero que dá brincos en canto me ve e finalmente o triste e resignado.

Non sei cánto vou aturar isto, pobre, qué fago? Teño a tentación de metelos ós dous xuntos, a pesar de que sexan macho e femia, e de que ela sexa de raza e de pedigree, pero claro despois inda teriamos que cargar nós co regalo. É que hainos con moito papo. Espero que veñas pronto buscala cadela, que teño ó meu poñéndome olliños.

A ver se así en público me fai máis caso e lle dá máis pena o meu Caneliño.

1 Comments:

  • Que historia tan bonita esta que nos contas. Eu optaría por amarrar o can de pedijrí e por ceibar o teu. Xa sei que non ten culpa o pobre cadelo nobre, pero tampouco a ten o teu... por qué pagar o teu cadeliño o desleixo (se cadra á mantenta) dos supostos amigos que che deixaron ese paqueitño a cargo? Morro si que teñen. Unha cousiña tamén é certa... se pasou moito tempo máis do comprometido, eu penso que podes optar por buscar unha solución... como regalalo a outra persoa ou levalo mesmo a unha canceira municipal.
    Claro está que cadaquén é como é, e xa te coñezo, por isto aturas tanto... pero eu non che sería tanto así.
    Unha forte aperta.

    By Anonymous Ilo, at 11:28  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home