paparruchas e outras cousas
adota a túa mascota virtual

01 febrero 2006

outra vez publicidade


A maioría dos anuncios da tv pasan, para min, desapercibidos, pero outros conseguen engancharte de maneira accidental ou traballada. Agora están, q a min me chamasen a atención, o da relatividade do tempo que se pretende relacionar cun coche especialísimo, o da ousadía e o non ó medo que debe vir da man dese líquido tan colonizador e sobre todo, chamoume a atención outro líquido une países, centralizador e apaciguador das tensións sociais. Trátase deste viño q fai un anuncio político tan bonito q vou intentar reproducir, polo menos en parte:

Galicia de mar y calma
catalanes de firmeza
valencianos de, algo sobre a internacionalidade das laranxas
leoneses y vascos, algo sobre a tala de árbores
alguén tiña tamén braveza, non o recordo moi ben, pero se tedes tempo escoitádeo e dicídime que vos parece.

2 Comments:

  • un anuncio que vai de guai, incluso facendo un guiño á dereita española non?

    By Blogger Colazo, at 19:06  

  • A verdade ten un camiño... e este anuncio tamén causou efecto en min. Non quero entender os motivos reais, as intencións con que se presenta, pero unha marca comercial non debera xogar tanto con estes asuntiños delicados... Presentar o carácter que "define" cada rexión pero pretender á vez "fraternizar" é un xogo contraditorio... "Todos sois hermanos pero tu, Pedro, eres el fuerte, tu, Carlos, el débil, tu, María, la graciosa..." Todos teñen carácter e son persoas distintas pero son irmáns... ¿as distintas comunidades teñen carácter e polo tanto son "rexións" distintas pero... son irmáns? Ale, ale, ale, nun anuncio de viño. Eu o que quero é descansar cando vexo a televisión.

    By Anonymous Eloi, at 11:39  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home