paparruchas e outras cousas
adota a túa mascota virtual

04 julio 2006

carné por puntos

Que tema tan trillado, si, pero necesario.
Ten vantaxes e tamén inconvenientes. Creou controversia e a min deixoume sempre indiferente ata que...
Ata que comecei a oír pola tele e a radio a opinión de certos cidadáns a pé, sempre hai de todo, que só a súa saída en antena me parece unha demagoxia, unha falta de mal gusto e de respecto á intelixencia e ó sentido común.
Todos aqueles que botan lume dicindo qué van facer sen carné porque dependen del para vivir, que tremenda inxustiza, etc, etc.
Todos eses están dicindo outra cousa: cometo imprudencias, neglixencias e erros eventuais e non vou deixar de facelo porque é inxusto que me quiten os puntos por facer algo que sempre fixen.
Isto é, vaia morro, papo, etc., que haxa unha nova intentona para mellora-la nosa seguridade e que se rebelen sen causa.
Pero
pero o resto dos mortais reaccionaron dun xeito espectacular, polo menos polo que vin nas distintas estradas de Pontevedra ou Vigo onte e hoxe, a xente cambiou o chip, vai respectando un pouquechiño máis os sinais, vai máis amodo e sobre todo menos cabreada, porque o estrés da présa causa mal humor e iso a longo prazo tamén é prexudicial para a saúde. Así que se isto segue así, viva o carné por puntos e todo o que veña, para que circular por estradas e vías e rúas sexa un pracer e non un horror.

O medo o cambio non pode inmobilizarnos amigos, hai que camiñar. Sobre todo se é para mellorar, que espero que si.

breve e intenso

Vou por temas porque teño moito que dicirvos. Normal logo de tantos meses a barbeito...
Toca o tema: MEaño non ten adsl. Outra vez e despois de moitas promesas e moitas escusas baratas todo segue igual.
pero
pero sabedes o que cambiou, o que cambiou foi que en menos dun mes arranxaron para poñe-la sexta para todos, con antenas, cables, repetidores, etc. Todo con diñeiro e rapidez e total para un mes de fútbol, que por certo está desconcertando que os mellores vaian ó carallo e os vellos nos ensinen tanto, que boísimo. Así que, como dicía, todo a infraestrutura necesaria para un mes e digo eu
digo
que se podería empregar esa mesma habilidade, incluso os mesmos medios de soporte e de pago para traer o adsl
E xa dixen suficiente.

RAPA DAS BESTAS. SABUCEDO 2006

Foi a bomba amigos. A realidade supera moitas veces a ficción. E as espectativas anteriores ó encontro coa realidade víronse cumpridas totalmente e incluso superadas.
Nunca me imaxinei que fora tan emocionante, tan tribal e ancestral, que a adrenalina afectase incluso ós espectadores.
Bestiaaaaallllll, con moitas bestas, con algúns aloitadores e o máis interesenta un corpo a corpo esgotador.
Viva a tradición sen dor, viva a tradición con xuventude. Un saúdiño para Rubén por, entre outras moitas cousas, darlle a oportunidade a un rapaz de 15 anos, Santi, para aloitar. Claro que hai cada 15 anos que parecen 20. Normalmente o rapaz tería que apartar a peito os poldros coma os outros rapaces, pero xa pasou a segunda fase, a polas bestas.
Quedaron de me mandar fotos, xa volas colgarei, pero antes de me despedir quero insisitir que o directo non hai televisión que o suplante. Insistir e repetir que vaiades porque hai movida e vale a pena. Aínda que sexa só por ver como controlan ás bestas sen tocarlle: a min que me rexistren....!!! Se estivesedes alí entenderíadelo.

29 junio 2006

QUIÉN ES ESE HOMBRE?


A rapa das bestas de Sabucedo: este domingo a por ela. Vai por Rubén, por Cati e por nós, of course, e fóra meigas de: iso xa o ves na televisión, per favore, ma quante gosto de italiani, hem, hem.

posparto versus posmundial

E digo eu que son cousas parecidas, pois poden implicar unha depresión, case sempre causan dor e sempre, pero sempre nos conducen a outros soños posibles.
Sigo dicindo máis cousas. Coa mesma retranca de ata o de agora. Xa que andaron lixeiros, veloces, nictálopes, etc, para que a sexta e o fútbol, pan mental de cada día, chegara a tódolos destinos posibles, incluído Meaño; agora esas antenas e postes non serven para nada (salvo algunhas outras programación da sexta que descoñezo) e poderían traerno-lo adsl que ata Celanova ten (un saúdo, Laura, ti xa me entendes) para que Meaño abandonase o pleistoceno.
Porque non todo se paga con diñeiro (o fútbol si), na tele din que por vinte euros che poñen adsl na casa. Menten, primeiro ten que habelo no concello. Por qué aquí aínda non? Para o demais MasterCard (a cultura, a información [moi diferente da desinformación ou caos], a sabedoría das tres canles, etc.)
Ata aquí por hoxe, dende este momento volverei e virei con frecuencia porque todo acabou e quedou pingando.
Dixit.

23 mayo 2006

paparruchas e outras cousas

non estaba morta que estaba de parranda
viñen por aquí a ver que vento se movía
e dende logo case todo segue igual
Espero volver pronto a ser unha habitual da blogosfera
saúdos amigos chao

23 marzo 2006

Colesterol


Non hai mal que cen anos dure, nin corpo que o aguante. E esta adicción miña por escribir no blog é unha desas cousas, sobre todo se me poñen cousas a tiro, como a da imaxe. Está cheo de erratas. Pero hai unha que é graciosísima, gustaríame saber do seu inventor ou inventora. Veilaí vos vai:

15 marzo 2006

aberto o prazo de solicitudes

Que conste que dende onte e ata dentro de 20 días naturais está aberto o prazo para solicita-la inclusión no proceso de selección para o profesorado do ensino secundario.

Con estas novas pasarei pouco por aquí, ata despois do verán, moi pouco. Abur amiguiños.

22 febrero 2006

Interpretación libre


Para descubrime (como opositora frustrada) e informarvos (das novidades), deleitádevos compañeiros con esta noticia:

37 prazas de Lingua Galega e Literatura.
http://www.xunta.es/noticia?id=2102opos

Oposicións 2006
Oferta de emprego público para Galiza
Martes, 20 de Febreiro de 2006

13 febrero 2006

21 Febreiro


Non sei se algún día co cambio climático ese día será a chegada da primavera, eu dígoo polas temperaturas diurnas que temos estes días, pero o que sei é que, segundo o calendario que eu teño, ese é o día internacional da lingua materna. En Galicia estamos a facer moitas cousas para celebralo e por iso seguindo as nosas tradicións de medo, autoodio, negación e irónicas muiñeiras podemos atopar noticias coma estas:

Política Lingüística non vai intervir na convocatoria das oposicións.
O libro de estilo de Vieiros recomenda o uso dunha das formas medievais, Mafomede, nome do profeta árabe Muhámmad.

ETC